 |
Alédome!!!. Encontreino no medio do monte mentres sain dar unha volta na bicicleta, foi unha aventura. O can ten carácter. No primeiro intento de recolle-lo gruñiume. O final, logo dun rato de separar as zarzas onde se escondera, collino e leveino para casa. Estaba lonxe, na lavacolla e en bicicleta, ala fumos os dous, el metido na mochila da agua, recordo que lloviznaba, o can nin se movia. Polos camiños que coñezo ala nos vamos cunha man no manillar e a outra suxeitando que o can non caera. Equivoqueime no cruce, os pedales automaticos non me deron opcion, o dala volta, ala vamos os dous, eu cain co codo, unhas feridas e un par de semanas dolorido. Eu lle dixen o can: "Igual estabas mellor no medio do monte" Trala nosa aventura, e despois dunha hora, chegamos a casa. O can é un sol. Tiñamos unha comida en Muros, alá nos levamos o can, alí o bañamos en auga quente e lle botamos un producto para as pulgas, garrapatas,... xa que se ía estar unha noite na casa, tiña que estar o mellor posible. Recordo a cara do meu neno (un ano e medio) o ver o can. Sorriu e ala ía como un tolo imitando o ladrido a arrancarlle as orellas e tirarlle do rabo. Chegamos a casa de noite, lle preparamos unha zona para que pasara a noite, e non nos enteramos en toda a noite, non dixo nada. Eu pensei, ese can é un santo. Pensamos en que se quedara no piso, pero non podía ser, non estamos na casa en todo o día, non podía ser. Así que contactei con laceiro e entregueille o can, coa esperanza de obter unha familia que o quixera. Así foi. Tiña as miñas dúbidas das posibilidades de que o adoptasen, pero quen o levou de seguro que a quedar contento, é un can cariñoso. Proba delo despois de estar un día xuntos, mentras esperaba o laceiro, deixeino solto na explanada, é o can non marchou, é máis, chamabao e viña. De certo que me aledo, despois de todas as falacias que me contaron sobre o refuxio, que logo moi amablemente unha encargada do mesmo, me explicou con moita claridade. Gracias e sorte Jackson.
|
 |