¿Quen Somos?
A asociación pola protección animal Abeiro inicia a súa andaina no ano 2005, cando un grupo de voluntarias e voluntarios do Refuxio de animais de Santiago vimos necesario asociarnos para realizar un traballo máis efectivo e estarmos máis coordinados.
O noso traballo fundamental e a colaboración activa co Refuxio de animais, realizando diferentes tarefas, como pasear aos cans residentes, axudar en tarefas veterinarias como as desparasitacións, xogar con cans e gatos, ou atender a posíbeis adoptantes que se acheguen ao refuxio buscando unha mascota.
Pero ademáis o noso traballo ten outras frontes igualmente importantes. Así vemos prioritario realizar campañas de sensibilización , que mostren que os animais non humanos son seres con dereitos que deben ser respeitados, pero mentres a situación actual non mude, outra das nosas responsabilidades como asociación é denunciar aqueles casos de maltrato que coñecemos directamente, ou que nos fan chegar diferentes persoas, ben directamente a través do refuxio, chamadas telefónicas ou a través do noso correo electrónico.
Ademáis colaboramos con distintas asociacións que veñen ao refuxio a realizar tamén tarefas de voluntariado, como a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, colaboracións que agardamos ampliar no futuro.
Diferentes traballos que buscan un obxectivo común: lograr que os dereitos dos animais se vexan cumpridos.